Sunday 19 de May de 2024

Patricia Torrado presenta na Pobra o seu libro Don Carlos e o misterio dos lucecús


O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal será escenario neste 1 de outubro, ás 20.00 horas, da presentación do libro Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga. O acto desenvolverase en colaboración con Baía Edicións e A. C. Barbantia.

Ademais da propia autora, intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), a escritora Fina Casalderrey e a editora Belén López.

As prazas cubriranse pola orde de chegada ata completa-la cabida e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.